Tula

Tula

Capital da oblast’ homónima, Rusia (525.000 h [1997]). Situada na ribeira do río Upa, é un antigo centro siderúrxico e metalúrxico. Foi dominada polos tátaros nos ss XIV-XV e, incluída no estado moscovita desde 1503, foi unha defensa fronteiriza contra os mesmos tátaros. En 1632 foi creada a primeira fábrica metalúrxica de Rusia e, en 1712, a primeira fábrica de armas.