tunguso -sa

tunguso -sa
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo tunguso.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo tunguso.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de raza mongoloide diseminado por un amplo territorio comprendido entre os Urais, o Océano Pacífico, o Océano Ártico e a fronteira de China. Esencialmente cazadores, dedícanse á cría de renos. Algúns pasaron ao sedentarismo agrícola. A súa sociedade, rixidamente patriarcal, divídese en clans exogámicos. O cristianismo ortodoxo, aceptado oficialmente, non borrou as súas crenzas e prácticas antigas, sobre todo o xamanismo.

  4. s m [LING]

    Familia lingüística do phylum altaico que se fala nos territorios de Iacutia e nos okrug onde habitan os evenki. Das linguas tungusas destacan o evenki, o even o manchú e o oroch, aínda que están en perigo de extinción. Utilizan o alfabeto cirílico.