túnica

túnica

(

  1. s f
    1. [INDUM]

      Vestidura longa e máis ou menos folgada.

    2. [INDUM/HIST]

      estido interior romano, correspondente ao quitón grego, con mangas ou sen elas, que chegaba ata o xeonllo para os homes e era máis longo para as mulleres, e que se levaba só para estar na casa e coa toga ou o palio por riba, para estar en público. Para os serventes e a xente humilde era o vestido único. Adoitaba ser de liño.

    3. [INDUM/RELIX]

      estidura propia dos eclesiásticos, longa ata os pés, ao xeito oriental e, xeralmente, de liño branco. Acostumaba a estar adornada con bandas de púrpura, sobre a que diáconos, presbíteros e bispos levaban os outros ornamentos. Con lixeiras modificacións, deu orixe á alba, á dalmática e á tunicela.

  2. s f [ANAT]

    Membrana delgada que cobre certas partes do corpo, como por exemplo as túnicas oculares.

  3. s f [BOT]
    1. Tegumento ou envoltura de certos órganos vexetais.

    2. Cada un dos catafilos carnosos que compoñen certos bulbos, como é o caso da cebola.

  4. s f [ZOOL]

    Capa coriácea ou xelatinosa que envolve a epiderme dos urocordados e que está constituída pola tunicina.