Túsculo
Túsculo
Cidade antiga de Lacio situada a uns 4 km ao L da actual Frascati. Baixo o poder de Roma desde o s VI a C e de novo entre 380 e 340 a C, adquiriu a cidadanía e foi incluída dentro da gens Papiria. Algúns dos seus habitantes, en tempos de Sula, fundaron unha colonia. Destacou como lugar de veraneo de patricios romanos como Cicerón.