Tut Anj Atón
Tut Anj Atón
Último faraón da dinastía XVIII (1361?-1352 a C), sucesor de Akhenaton. Cambiou o seu nome polo de Tutankamon, en honor ao deus Ammón, cuxo culto recuperou substituíndo ao de Atón. Abandonou Tall Al-Amārna e devolveulle a capitalidade do imperio a Tebas. Foi enterrado no Val dos Reis nunha tumba que non lle estaba destinada e que foi descuberta en 1922 por Howard Carter.