Tuticorin ou Tuttukkudi

Tuticorin ou Tuttukkudi

Cidade do estado de Tamil Nadū, India (205.105 h [1991]). É un porto situado na costa do golfo de Mannar, na entrada do estreito de Palk. Primitivo pobo de pescadores, floreceu dentro da colonia portuguesa durante o s XVI.