Tuva, República de
Tuva, República de
República Federal de Rusia situada ao SL de Siberia, na fronteira con Mongolia (170.500 km2; 310.700 h [estim 1999]). A súa capital é Kyzyl (84.641 h [1989]). A parte occidental está ocupada pola depresión de Tuva, mentres que a parte oriental está constituída por altiplanos separados. Etnicamente o 60% da poboación é tuva e o 36% rusa. Destaca a industria extractora do cobalto, carbón e sal. A agricultura baséase nos cultivos de trigo, cebada e millo e posúe gandaría ovina e caprina. No NL cázanse animais de peles de valor.