Tardajos
Tardajos
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (635 h [2001]). Ocupa o lugar da cidade romana de Augustobriga, 10 km ao O da cidade de Burgos. Na Baixa Idade Media contou cun hospital e cos mosteiros de San Cristóbal e de Santa María.