telugu
telugu
-
adx
Relativo ou pertencente ao telugu.
-
s
m
[LING/LIT]
Lingua do phylum drávida, oficial do estado de Andhra Pradesh (India). A súa literatura iniciouse cunhas inscricións do s IX. No s XVI aparecen tres poemas épicos: o Amuktamalyada, de Kṛṣn.adevarāya, o Manucaritram, de Peddanna, e o Pārijātapaharanamu, de Timmanna. En tempos modernos sobresae K. Viresalin.gam Pantulu (1848-1919). OBS: Tamén se denomina andhra.