telúrico -ca

telúrico -ca

(< telurio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á Terra como planeta.

  2. adx [XEOL]

    Aplícase ás rochas de orixe terrestre.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao telurio.

    2. ácido telúrico [ácido ortotelúrico] [QUÍM]

      Oxoácido do telurio que, en estado sólido, presenta a estrutura octaédrica de Te(OH) 6 . En disolución, compórtase como un ácido dibásico moi débil e presenta carácter oxidante.

Palabras veciñas

Telstar | telugu | telurato | telúrico -ca | telurio | telurismo | telurita