Tomé de Aquino, san
Teólogo e filósofo. Coñecido polos títulos de Doutor común e Doutor anxélico, en 1243 ingresou na orde de predicadores. Foi discípulo de Alberte o Magno e profesou en París e en Italia (1259-1268), mentres estaba ao servizo da curia pontificia. A partir de 1272 ensinou en Nápoles. Canonizado en 1323 e proclamado doutor da Igrexa en 1567, é o representante máis característico da escolástica. Autor de numerosas obras filosóficas, esexéticas e teolóxicas, destaca a interpretación literaria e conceptual do Libro das Sentenzas de Pedro Lombardo e as de Aristóteles, Boecio e o Pseudo-Denís e, sobre todo, os comentarios bíblicos. Respecto ás súas quaestiones organizou a quaestio disputata, acto universitario por excelencia. Escribiu dúas sumas, a Summa contra gentiles (1259-1264), análise crítica das filosofías e teoloxías anteriores, e a Summa teheologica (1267-1274), articulación da súa visión cristiá do mundo e de home, de gran significación no pensamento occidental. Esta empresa teolóxica caracterízase por unha confianza activa na razón e por unha referencia constante á natureza (onde se recoñece a impregnación da cultura grega); de aí provén un optimismo sorprendente en comparación coa teoloxía agustiniana, ata entón dominante. O tomismo provocou a resistencia de numerosos teólogos e filósofos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castell de Roccasecca, preto de Aquino, Lacio -
Deceso
Lugar : Fossanova, Lacio