1 u

1 u
  1. s m [ESCR]

    Vixésima letra do alfabeto galego, denominada u.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema vocálico posterior ou velar pechado /u/. Presenta un alófono [u] en posición nuclear e outro [w] na marxe silábica, en posición antenuclear ou posnuclear: túa [‘tua], colleu [ko’ʎew], minguou [miŋ’gwow]. Dáse en posición tónica ([‘musa]), en posición pretónica ([u’sar]) e en posición postónica non final ([‘postumo]). En posición átona final documéntase en cultismos e en estranxeirismos (humus, cónsul, fémur) ou formando parte de ditongos, tanto en palabras patrimoniais coma noutras achegadas posteriormente (seu, cantou, meus). Cando as vogais pechadas forman sílaba ou ditongo con outra vogal adquiren características semellantes ás das consoantes; de aí que neses contextos sexan considerados semivogais: comeu [ko’mew], acentuou [aθen’twow]. Diacronicamente o fonema vocálico /u/ en posición tónica procede de Ū longo tónico do latín clásico (luz > lat LŪCE); en posición átona inicial procede dun Ū (curar > lat CŪRĀRE); e, en posición postónica non final, pode conservarse dun Ŭ (décuplo > lat DĔCŬPLU).

Palabras veciñas

T’Serclaes de Tilly, Jan | T’umen’ | T’umen’ | 1 u | 2 u | 3 u | U