Ufa
Ufa
Capital República de Baxkiria, Rusia (1.089.000 h [2000]). Cidade portuaria no río Belaja, ten construcións mecánicas, refinaría de petróleo e industria diversificada. Fundada no s XII como fortaleza, foi o centro da presenza e da dominación rusa no territorio dos baxkires.