Ulan-Ude

Ulan-Ude

Capital da República dos Buriatos, en Siberia Oriental, Rusia (370.000 h [1997]). Ten un porto no río Selenga, con construcións mecánicas e metalúrxicas e fábricas de materiais para a construción. Fundada en 1666, foi convertida en fortaleza en 1689, co nome de Verkhneudinsk (que cambiou polo actual en 1934). En 1920 foi capital da República do Extremo Oriente, e, entre 1921-1923, da oblast’ de Baikal.