unicidade

unicidade

(< lat unicĭtāte)

  1. s f

    Calidade de único.

  2. s f [RELIX/FILOS]
    1. Atributo de ser absoluto e infinito, versado como Deus ou como a totalidade indiferenciada de Deus e o mundo, en virtude do que non pode haber outro ser do mesmo xénero, posto que isto sería contraditorio co absolutismo e infinidade do primeiro.

    2. Atributo polo que o individuo humano, como persoa, non é redutible a simple medio, ou puro número, ou a calquera falta de valor peculiar e, incluso, sacrificable ao conxunto, nas filosofías escolástica e personalistas.

  3. s f [MAT]
    1. Propiedade que fai referencia á existencia dun só resultado.

    2. Propiedade dun teorema que demostra a existencia dun único obxecto matemático que o satisfai.

Palabras veciñas

unicaule | UNICEF | unicelular | unicidade | único -ca | Unico Aretino | unicolor