Unicornio

Unicornio
[ASTRON]

Constelación austral situada entre as de Xémini, Can Menor, Hidra femia, Popa, Can Maior, Lebreiros e Orión. Contén 146 estrelas visibles a simple vista. O astro principal, a-Monocerotis, é unha estrela xigante de magnitude visual 4,07, situada a unha distancia de 180 anos luz. A constelación do unicornio contén tamén, a pouca distancia da estrela e-Monocerotis e cara ao O, unha nebulosa de emisión importante, denominada Rosetta.

Palabras veciñas

unicolor | unicorne | unicornio | Unicornio | unicursal | Unidad Popular | unidade