Unidad Popular

Unidad Popular

Coalición política chilena de esquerdas integrada polos partidos socialista, socialdemócrata, comunista, radical, MAPU e API, co que Salvador Allende acadou a presidencia do país, en 1970. Puxo en marcha un amplo programa que incluía a nacionalización das minas de cobre, a reforma agraria e o unicameralismo ata 1973, cando un golpe de estado militar instaurou unha ditadura de extrema dereita. Disolveuse definitivamente en 1979.

Palabras veciñas

unicornio | Unicornio | unicursal | Unidad Popular | unidade | Unidade Galega | Unidade Galega