Unidade Galega
Unidade Galega
Coalición nacionalista constituída pola confluencia desde finais de 1992, do PSG-EG con sectores galeguistas de centro e independentes procedentes de Coalición Galega, do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. Concorreu ás eleccións xerais de 1993 en coalición con Esquerda Unida pero non obtivo ningún deputado, polo que os restos da organización integráronse no Bloque Nacionalista Galego e en Esquerda Unida.