Unidade Galega
Unidade Galega
Coalición nacionalista integrada polo Partido Obreiro Galego (POG), o Partido Galeguista (PG) e o Partido Socialista Galego (PSG), que se constituíu para as eleccións autonómicas de 1979. Centrou a súa campaña na necesidade dun grupo parlamentario nacionalista que puidese negociar un Estatuto de Autonomía, como primeiro paso para acadar un estado federal. Non obtivo representación parlamentaria. A súa inestabilidade e as diferenzas con respecto ao camiño que se debía seguir no proceso autonómico e sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (o PSG negouse, mentres que o PG e o POG participaron), levaron ao seu desmembramento en 1980.