Unión de Europa Occidental

Unión de Europa Occidental
Nome científico: [UEO; ingl: Western European Union, WEU]

Organismo político-militar creado en París o 21 de Outubro de 1954 pola República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido, Países Baixos, Italia e Luxemburgo. España e Portugal adheríronse en 1990 e Grecia en 1995; dunha época posterior datan as adhesións doutros estados como asociados e observadores. Coordina a defensa dos estados membros, en colaboración coa OTAN, e ten a súa sede en Bruxelas.