urbano -na
(< lat urbānu)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á cidade, por oposición ao rural.
-
economía urbana /
[XEOG/ECON]
Rama da ciencia económica que analiza as relacións sociais de produción e distribución orixinadas nas aglomeracións urbanas a partir das que se extraen leis xerais. Se se define a cidade como o conxunto dun mercado local de traballo, unha área concreta de servizos e un mercado de solo urbano, a economía urbana analiza as condicións da produción e da forza de traballo (habitación, transporte, sanidade, ensino, información). O crecemento das cidades durante a primeira etapa industrializadora e as altas taxas de mortalidade da clase obreira marcaron o inicio da análise das condicións de vida dos traballadores por parte dos médicos hixienistas, aparecendo a proposta dos socialistas utópicos dunha nova organización social. A formulación dunha primeira análise científica da economía urbana foi a análise científica da situación da clase obreira en Inglaterra e o inicio da lexislación urbanística do socialismo municipal inglés e da socialdemocracia alemá. A crise económica do mundo capitalista nos anos 1920 e 1930, a tecnificación da produción e, sobre todo, a concentración espectacular da poboación nas aglomeracións urbanas a partir de 1945, agudizaron a situación das clases obreiras nas cidades, provocando novos problemas no sistema produtivo que atraeron a atención da ciencia económica. Na década de 1960 formuláronse as primeiras sistematizacións da economía urbana (J. Remy, F. Guyot, 1968; L. Wingo e H. Perloff, 1968; W. Thompson, 1965; H. W. Richardson, 1969). Dentro dos instrumentos e métodos de análise do fenómeno urbano distínguense entre a análise interurbana, ou de sistemas urbanos, e a análise intraurbana ou dos espazos urbanos. Na análise interurbana estúdanse, desde o punto de vista dos núcleos urbanos, os problemas recollidos dentro da teoría da localización e a economía rexional. Na análise intraurbana, estúdase a morfoloxía dos espazos urbanos e a configuración espacial, as localizacións das actividades económicas, o valor do solo urbano e a súa formación.
-
adx
-
adx
Educado ou cortés.
-
garda urbano
Persoa encargada de que se cumpran as normas que dita o concello, como vixiar o tráfico na cidade, entre outras.