Urey, Harold Clayton

Urey, Harold Clayton

Químico. Doutorado na California University, traballou no Instituto de Física Teórica de Copenhaguen con Niels Bohr. Estudou o sistema solar e, sobre todo, os isótopos e a estrutura atómica. Descubriu o deuterio e a auga pesada, polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1934). Traballou tamén na preparación da bomba atómica.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Walkerton, Indiana

  • Deceso

    Lugar : La Jolla, San Diego, California