Urquijo, Mariano Luis de

Urquijo, Mariano Luis de

Político. Foi nomeado subsecretario de Estado (1797) e, máis tarde, ao dimitir Francisco Saavedra (1798), primeiro ministro interino. Opúxose á Inquisición, que iniciou un proceso contra el pola tradución de La mort de César de Voltaire, e ás altas xerarquías eclesiásticas pola súa dependencia de Roma. Esta política e a inimizade de Napoleón I favoreceron as intrigas de Godoy, que aconsellou que fose destituído (1800). A súa actuación como afrancesado, -Xosé I Bonaparte nomeouno conselleiro de Estado-, motivou o seu exilio definitivo (1813).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bilbao

  • Deceso

    Lugar : París