un, unha
(< lat unu, una)
-
adx
Que non presenta variacións e constitúe unha unidade.
Ex: A lei ten que ser unha e igual para todos.
-
art indet
Presenta unha persoa ou cousa descoñecida polo falante sen identificala dentro da súa clase ou especie.
Ex: Díxomo un neno da vila.
-
art indet
Presenta e clasifica un individuo de maneira imprecisa dentro dunha clase ou especie.
Ex: É un neno moi intelixente. OBS: Utilízase con valor enfático omitindo o substantivo ao que se refire. Ex: Eu xa pasei a gripe, pero ti como non te abrigues vas coller unha boa.
-
art indet
Presenta unha persoa ou cousa descoñecida ou que non se quere ou pode precisar.
Ex: Vino un día pola alameda.
-
art indet
Enfatiza o valor ou as calidades do substantivo ao que acompaña.
Ex: Pensa que calquera pode ter un Laxeiro.
-
indef
Indica o valor aproximado da expresión de cantidade que precede.
Ex: Había uns quince anos que non te vía.
-
indef
Emprégase con valor distributivo con respecto a outro elemento ao que se contrapón.
Ex: Un quixo vir pero o outro quedou durmindo.
-
indef
pl
Indica unha cantidade pequena e indeterminada.
Ex: Chegou unhas horas despois.
-
indef
sing
Emprégase con valor impersoal e pode incluír o falante con intención xeneralizadora.
Ex: Un xa non sabe que facer cando escoita esas desgrazas.
-
indef
sing
Identifica ao falante cando este o emprega para referirse a si mesmo.
Ex: Non sei como fago que sempre ten un a culpa.
-
indef
sing
Fai referencia a alguén de maneira imprecisa.
Ex: Oínllo a un que estaba alí.
-
num card
Número máis pequeno posible de elementos enteiros dunha clase, categoría ou especie.
Ex: Quería unha boneca e dous vestidos.
-
num card
Indica que o substantivo ao que acompaña ocupa o lugar número un nunha serie.
Ex: A páxina un estaba rota.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: O artigo indeterminado un(s), unha(s) contrae coas preposicións de, en e con e dá lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s), cun(s) e cunha(s). O indefinido e o numeral cando actúa como adxectivo presenta as mesmas contraccións ca o indeterminado pero cando se usa como pronominal só contrae coas preposicións de e en xa que a contracción coa preposición con non se representa na escrita.
Ex: Sempre está a berrar con un.