uñagata
uñagata
(< uña + gata)
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea, erguida ou tendida, de ata 80 cm de altura, con talos espiñentos e leñosos na base. As follas inferiores teñen 3 folíolos oblongo-ovais coas beiras dentadas e as superiores simples. As flores son de cor rosada, papilionadas dispostas soas ou en parellas e o froito preséntase en legume ovoide. Florece entre xuño e setembro en campos cultivados e pradeiras secas. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.