Vaamonde Polo, Xesús

Vaamonde Polo, Xesús

Cantautor. Coñecido como Suso Vaamonde, comezou a súa andaina musical nos grupos Os Copens e Marco Balorento, de Vigo, en 1966. Dous anos despois formou parte de Voces Ceibes, ata que decidiu cantar en solitario. Viaxou por distintos países europeos e estableceuse en Caracas. Condenado por inxurias contra España nun acto contra as centrais nucleares, non regresou ata 1984. Desde ese momento dedicouse a dar diversos concertos en toda España e Portugal. Posteriormente, produciu a outros grupos co seu propio selo discográfico, Trebón, como A Roda e Charanga do Cuco de Velle, e diversas bandas municipais. Da súa discografía, en que reivindica os dereitos e as liberdades do pobo, da terra e da lingua, destacan Nin rosmar un laído (1978), Os soños na gaiola (1978), Limiar (1979) e Celso Emilio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde (1980), ademais dos temas “Romance de cego” (1971) e “Romance de cego in memoriam de Federico Garcia Lorca” (1978), incluídos en discos colectivos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ponte Caldelas

  • Deceso

    Lugar : Vigo