Valdejunquera, Batalla de
Valdejunquera, Batalla de
Feito de armas acontecido o día 26 de xullo de 920 entre ‘Abd al-Ra ḥ mān III e o exército navarro-leonés de Ordoño II e Sancho Garcés I, en que venceu o primeiro. A batalla foi consecuencia do desexo do califa cordobés de resarcirse da anterior derrota que sufrira en Santo Estevo de Gormaz (917), e non alterou substancialmente as fronteiras existentes.