Valia
Valia
Rei visigodo (415-419). A cambio de provisións de trigo romano, devolveu a Roma a Gala Placidia e combateu como auxiliar do Imperio na Península Ibérica. Asinou un pacto de amizade con Roma, en virtude do cal puxo o seu exército ao servizo do Imperio a cambio do recoñecemento da posesión das terras ocupadas en Aquitania.