Valiña, cova da

Valiña, cova da

Xacemento prehistórico situado en Castroverde. Datado no inicio do Paleolítico Superior, a industria lítica presenta útiles de pequeno tamaño, cun dominio das lascas. Acháronse diversos tipos de burís, raspadores, perforadores, becs, coitelos, unha punta posiblemente chatelperronense, raedeiras, instrumentos denticulados e restos de diversos carnívoros. Sinalouse a ocupación humana durante o interestadial de Würm.