Valois

Valois

Rexión de Francia, situada en Île de France, constituída por unha ampla chaira á esquera do Oise e comprendida entre os departamentos de Aisne e Oise. A capital é Crépy-en-Valois. O territorio constituíu o condado de Valois en época carolinxia. Ao morrer o conde Raúl III en 1191, uniuse ao dominio real do que se separou e volveu en diversas ocasións. En 1630 o Rei Luís XIII cedeuno ao seu irmán Gastón de Francia, duque de Orléans. Desde entón foi un dos títulos da casa ducal de Orléans ata que estes foron suprimidos en 1790.