Vaqueriza, serra da
Vaqueriza, serra da
Pequena aliñación montañosa que forma unha unidade estrutural de dirección NNO-SSL coa serra do Mirador, que constitúe a súa prolongación setentrional, e coa serra de Puñago. Esténdese ao longo de 4 km nos que delimita as parroquias de Vilabade e Vilalle (Castroverde), coa de Librán (Baleira). O seu cumio acada os 917 m de altitude.