Vardulia
Vardulia
Territorio do norte da Península Ibérica habitado en tempos perromanos polos várdulos. No s V o termo referíase á terra situada na confluencia de Araba, La Rioja e Burgos, que se estendía ata as primeiras elevacións da Cordilleira Cantábrica. Para os visigodos era a terra de fronteira entre o seu reino e os dominios dos vascóns e dos cántabros.