Varela Suances-Carpegna, Daniel

Varela Suances-Carpegna, Daniel

Político e xurista. Letrado da Xunta de Galicia e do Gabinete de Estudios, Desenvolvemento Lexislativo e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia (1985-1993), foi comisionado-director en Galicia do V Centenario do Descubrimento de América e comisario de Galicia na EXPO de Sevilla (1992). Foi membro do Parlamento Europeo desde 1994 polo PP e das comisións de Política Rexional, Orzamentos, Pesca e da Delegación para as relacións con Canadá. Escribiu La contratación pública de obras y suministros en el Derecho Comunitario (1988) e La incidencia del Derecho Comunitario en la España de las Autonomías (1990). En 1993 recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Civil.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo