Varna

Varna

Capital da provincia de Varna, Bulgaria, situada preto do Mar Negro (314.539 h [2001]). Ten industria diversificada e refinarías de petróleo. É un centro turístico que conta nas súas proximidades coas praias de Družba e Zlatni Pjasâci. Ocupárona os búlgaros desde 680 e pertenceu ao Imperio Bizantino a partir do s X. En 1393 foi ocupada polos turcos, que derrotaron en 1444 a polacos e húngaros. Entre 1949 e 1956 recibiu o nome de Stalin.