varrido -da

varrido -da

(< varrer)

  1. p reg

    de varrer ou varrerse.

  2. s m

    Acción e efecto de varrer.

  3. s m [TECNOL]

    Fase dos motores de dous tempos na que se transforman simultaneamente os tempos de admisión e escape e na que a mestura de admisión crea unha corrente no interior do pistón que empuxa os gases da combustión cara á abertura da saída.

  4. s m [FÍS]

    Exploración de xeito sistemático da superficie dun obxecto cun raio luminoso (láser), un feixe de partículas (electróns) ou un tren de ondas (microondas ou ultrasóns) para xerar un sinal eléctrico variable. A técnica de varrido emprégase nos analizadores e os tubos de imaxe de televisión ou nos sistemas de radar.

  5. s m [IMAX]

    Movemento da cámara en sentido horizontal que serve para descubrir unha panorámica. Un varrido pode realizarse desde un primer plano ao plano máis aberto xeral.

Palabras veciñas

varredor -ra | varredura | varrer | varrido -da | Varrón, Marco Terencio | varruma | Varsovia