V’atka
V’atka
Río de Rusia, afluente do Kama pola dereita e subafluente do Volga (1.314 km de lonxitude). Nace na elevación de Verkhnekamsk, na República dos Udmurtos, e percorre a oblast’ de Kirov e a República de Tatarstán. Ten como afluentes principais o Kobra, o Moloma, o Pižma, o Cepca, o Bystrica e o Kil’mez’.