Vázquez Gómez, Adolfo
Xornalista. Iniciou as súas colaboracións en El Regional e Galicia Moderna, e dirixiu Galicia Liberal, en Santiago de Compostela. Posteriormente marchou a Madrid, onde foi redactor de La República e colaborador de La Guindilla e El Combate. Participou no movemento revolucionario de 1886, polo que tivo que exiliarse en Portugal, onde fundou El Galleguito. Coa anmistía de 1889 regresou a Galicia e colaborou en Las Riveras del Mendo, en Betanzos, e fundou os diarios El Valdoncel e El Mendo. Na Coruña foi redactor do periódico republicano El Telegrama. En 1892 marchou a Bos Aires, onde fundou El Pabellón Español, e un ano máis tarde, en Montevideo, El Intransigente. Ao seu regreso a Bos Aires dirixiu El Socialista e, a partir de 1924, Céltiga. Novamente en Montevideo, dirixiu diversas emisións radiofónicas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : Montevideo