Vázquez Iglesias, Dorinda Remedios
Escritora e mestra, irmá de Pura Vázquez. Coñecida como Dora Vázquez, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Faro de Vigo, El Ideal Gallego, La Noche, Vida Gallega e La Voz de Galicia, participou nas emisións radiais do programa Siempre en Galicia e colaborou en RNE. A súa obra, dirixida especialmente ao público infantil e xuvenil, céntrase en cuestións morais, relixiosas e didácticas. Destacan os poemarios Un poemas cada mes (1969) e Oriolos neneiros (1975), en colaboración coa súa irmá; Tres cadros de teatro galego (1973), os dramas Monicreques (1974) e Campo e mar aberto (1975); Cascabel, o cabaliño de circo (1979, I Premio de contos O Facho 1976), a serie de artigos Soñando con Ourense (1995), Contos para nenos e nenas (1996), Galicia, cousas e xentes (1997), Regos de vida e longura (2000), O pai de nós (2000) e O agro: un mundo aberto (2001).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense