Vázquez Molezún, Ramón

Vázquez Molezún, Ramón

  (A Coruña 1922 - Madrid 11.10.1993) Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. En 1949 obtivo o Premio Roma cun proxecto de Faro Votivo dedicado ao Apóstolo Santiago e en 1952 comezou a traballar con José Antonio Corrales. Das súas obras detacan a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1958), proxectada en colaboración con Alejandro de la Sota, o desaparecido Instituto de Herrera de Pisuerga (1952), o pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas (1958), a Casa Huarte (1966), o Banco Pastor (1969), os laboratorios Profidén (1964-1965) ou o edificio Bankunion (1975), todos eles en Madrid. Recibiu, con J. A. Corrales, a Medalla de Ouro da Arquitectura Española (1992).