vea
(< lat vena)
-
s
f
[ZOOL]
aso sanguíneo que leva o sangue desde os capilares ata o corazón. Está formado por tres capas, a endotelial, a media e a interna, compostas de elementos elásticos, conxuntivos e musculares, menos desenvolvidos que nas arterias. No seu interior ten pregaduras ou válvulas que impiden o retroceso do sangue. As veas do corpo poden estar agrupadas en tres sistemas: o pulmonar, que leva o sangue dos pulmóns ao corazón, a vea porta, que conduce o sangue do tubo dixestivo ao fígado, e o xeral, que recolle o sangue do resto do organismo e o leva tamén ao corazón.
-
s
f
[XEOL]
filón.
-
s
f
Corrente de auga subterránea.
-
s
f
Cada unha das raias onduladas ou ramificadas de diferente cor ou calidade ca o resto que se distingue da materia na que se atopa, especialmente referido a determinadas madeiras, mármore ou outros minerais.
Sinónimos: veta. -
s
f
[BOT]
Nervio dunha folla.
-
s
f
Inspiración ou capacidade creadora.
-
s
f
Impulso súpeto do ánimo que leva a actuar de maneira irracional e descontrolada.