Vea, ponte
Vea, ponte
Construción situada sobre o río Ulla, entre as parroquias de Reis (Teo) e Couso (A Estrada). Realizouse en cantaría durante o s XVI, no antigo Camiño Real entre Santiago e A Estrada. Presenta tres arcos semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados de cantaría labrada, con tallamares angulosos contra a corrente, cuxa altura chega ata a coroación da ponte.