Veiga Arias, Amable
Lingüista. Catedrático de Latín, en 1965 escribiu o seu primeiro traballo científico “Fonología gallega. Fonemática: el sistema vocálico”, que foi considerado o pioneiro da fonoloxía galega. Este artigo e outros seis máis, publicados en Grial, foron recollidos no libro Fonología gallega (Fonemática) (1976), editado por Arcadio López-Casanova. Das súas obras destaca Algunas calas en los orígenes del gallego (1983), onde fai unha exploración lingüística en documentos latinos dos ss IX a XII, en que detecta e examina formas romances que aclaran as orixes da lingua galega; a tradución dos quince libros dos Epigrammata, de Marcial, así como a da Vulgata e a do Evanxeo de San Mateo (1962). Outra serie de artigos relacionados coa fonoloxía do galego foron recollidos e publicados postumamente no libro Amable Veiga Arias: Estudios lingüísticos (1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Triacastela -
Deceso
Lugar : Benquerencia, Barreiros