2 vela

2 vela

( 1 velar)

  1. s f

    Acción de permanecer esperto durante o tempo que se dedica normalmente a durmir.

  2. s f [RELIX]
    1. Espazo de tempo de pregaria, sobre todo colectiva, que se fai durante a noite. Coñecida desde os primeiros séculos do cristianismo, debeu ser introducida pola crenza de que a segunda chegada de Cristo sería durante a noite. Iniciábase coas vésperas e adoitaba pecharse coa celebración eucarística. Dedicábaselle toda a noite, especialmente por Pascua (vela pascual), nas festas dos mártires e unha boa parte de domingos.

    2. Práctica devocional que consiste en pregar por horas ou por quendas ante o Santísimo, exposto ou non no monumento, tanto de noite coma de día.

  3. vela de armas [HIST]

    Noite que o aspirante tiña que pasar na igrexa en oración como preparación para a cerimonia que o investía cabaleiro.

Frases feitas

  • Andar á vela. Espreitar algo ou a alguén.

  • En vela. Sen durmir.

Palabras veciñas

Vejle | Veksler, Vladimir Iosifovič | 1 vela | 2 vela | Vela | velación | Velada