Vela
Vela
[ASTRON]
Constelación austral situada entre as de Compás, Máquina pneumática, Centauro, Carena e Popa. Contén 195 estrelas visibles ao ollo humano e as máis brillantes son tres astros de terceira magnitude. Atravesada por unha das rexións máis luminosas da Vía Láctea, antigamente era considerada como unha parte da constelación de Argo.