Velasco Vieitez, Enrique

Velasco Vieitez, Enrique

Escultor. Formouse na Escola de Canteiros de Pontevedra. As súas obras caracterizáronse pola relación co espazo e tamén co baleiro e a súa representación, facendo intervencións na natureza. Comezou traballando co granito, nas súas diversas variedades, ao que lle engadiu madeiras e outros materiais. Desde mediados da década de 1980 incluíu outros materiais como o PVC, o ferro galvanizado, as resinas, os plásticos e a auga. Na década de 1990 introduciu nas súas instalacións mecanismos eléctricos e electrónicos. Posteriormente, empregou materiais creados por el mesmo como pedras artificiais. Das súas obras destacan Árbore moi axiña (1984, Primeiro Premio do IV Certamen Nacional de Artes Plásticas de Alcobendas), Xaminorio ajatillante do xantaleiro (CGAC, 1995), Xaminorio xunquemes obay (Illa das Esculturas, 1999), Manancial que dá cor ao viño (Soutomaior, 2003) e Maletas (Soutomaior, 2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra