3 venda

3 venda
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo venda.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo venda.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo bantú que habita no val do Limpopo ao N do Transvaal (República de Suráfrica) e ao S de Zimbabwe. Practican a cría de gando e a agricultura e coñecen a fundición de metais. Son tamén comerciantes e cazadores. Teñen unha relixión monoteísta con rituais de purificación moi elaborados.

  4. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo venda.