Venda

Venda

Antigo bantustán independente da República Surafricana, vixente ata a fin do apartheid, limitado ao N, ao L ao O pola antiga provincia surafricana de Transvaal, e ao S polo bantustán autónomo de Gazankulu (6.667 km2; 459.986 h [1985]). A capital é Thohoyandou. Son oficiais as linguas venda, inglesa e afrikaans. Os principais recursos económicos céntranse na agricultura e nas explotacións forestais e mi­neiras (ouro, cobre, grafito, carbón e mag­nesita). Bantustán autónomo desde 1973, foi o terceiro en acadar unha independencia pactada co goberno surafricano (1979), que non foi recoñecida pola ONU. En 1994 reintegrouse na República Surafricana e incorporouse á provincia de Limpopo.