Venta de Baños
Venta de Baños
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Pisuerga e Carrión (5.982 h [2001]). Posúe unha industria diversificada onde destaca a eléctrica, a cementeira, a da madeira e a alimentaria. Salienta o núcleo de Baños de Cerrato, cunha basílica visigoda (s VII) baixo a advocación de San Juan.