Vento ferido

Vento ferido
[LIT]

Libro escrito por Carlos Casares e editado en 1967 con ilustracións de Xulio Maside. Composto por doce relatos, algúns deles xa editados en Grial, móvese no ámbito da Nova Narrativa Galega. Ademais do clima de violencia e de animalización da natureza humana que subxace, e do tempo e do espazo coetáneos ao autor -que provocan certo carácter autobiográfico-, cómpre salientar algunhas características de estilo, como a introdución do monólogo interior e a corrente de conciencia, a obxectivación do punto de vista e a subxectivación da vivencia do tempo.

Palabras veciñas

Ventín | vento | Vento da Terra | Vento ferido | ventosa | Ventosa | Ventosa, Santa María de