verba
verba
(< lat verba)
-
s
f
Feito de falar moito ou destreza para convencer con palabras.
-
s
f
[LING]
ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Por exemplo, a verba dos arxinas ou verbo dos canteiros, a xerga dos canteiros e picapedreiros pontevedreses (cricañola ‘tixola’, falpilaxe ‘roupa’, estadulla ‘cunca’) ou a verba dos cesteiros de Mondariz (enteleigar ‘saber’, erena ‘bruxa’, firriquito ‘saco’).
Sinónimos: verbo.